OurenseÚltima hora

Cinco alumnos do Divina Pastora de Ourense, entre os gañadores do concurso nacional “Canto tempo tes para min”

 

Mateo Sang, Carmen, Noa, Martín e Laura, alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e coordinados polo profesor Gonzalo, Lalo, Sánchez, son cinco dos sete gañadores do XII Concurso Nacional “Canto tempo tes para min”, convocado por ARHOE desde Madrid con motivo da conciliación familiar e a calidade do tempo que poden pasar xuntos o alumnado coas súas familias.

Este centro educativo foi premiado en todas as edicións deste concurso escolar, porque “para o profesorado non deixa de ser unha preocupación o ritmo de traballo das familias e o escaso tempo que pasan en común pais/nais con fillas/fillos”, aseguran.

O outro centro educativo premiado a nivel nacional é o Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Verín, onde a súa profesora Chiqui e o resto do profesorado teñen as mesmas preocupacións.

Artigos relacionados

Back to top button