No Centro do Viño da Ribeira Sacra veñen de entregarse nesta tarde de 13 e novembro os premios da XXXII Cata dos Viños de Galicia, aos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Para cumprir os protocolos sanitarios ante a pandemia da Covid19, representantes da Consellería de Medio Rural trasladábanse ata a Ribeira Sacra a entregar os recoñecementos. O acto contaba tamén coa asistencia do presidente do CRDO Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.
Así, á espera de que o vindeiro 19 de novembro se coñeza, nun acto na Cidade da Cultura, a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto de Galicia neste 2020, os viños premiados na D.O. Ribeira Sacra foron:
- Acio de Ouro tinto: Prómine, de Bodegas Petrón S.L.
- Acio de Prata tinto: Peza do Rei de Adega Cachín S.L.
Ademais, tres viños da D.O. Ribeira Sacra foron recoñecidos como os mellores de Galicia nas categorías Viños de Colleiteiro e Pequenas Adegas; e Viños de Elaboracións con Madeira.
- Acio de Ouro tinto Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Colleiteiro e Pequenas Adegas.
- Acio de Ouro tinto, Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira
- Acio de Prata tinto, Tradición de Adega Vella, Jorge Feijóo González, na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira
O panel de cata estaba formado por 14 catadores, que fixeron cata cega de 348 mostra de viños de toda Galicia. Dese total correspondían á D.O. Ribeira Sacra 70 mostras de 30 adegas.
Ademais, no acto de entrega recoñeceuse o valor secular dos adegueiros e a excelencia do seu traballo. Da D.O. Ribeira Sacra destacouse a vendima “in extremis” e o traballo de adegueiros e viticultores como un proceso artesanal cheo de amor pola viticultura.
Fotos cedidas.