Tralo éxito do ano pasado, cando xurdía a iniciativa, o Concello do Barco decidía volver organizar o Día da Muller Rural no marco do “Ciclo Nacional de cine y Mujeres Rurales” que pon en marcha o Goberno central e que este no chega á VI edición.
Seguindo o esquema da anterior edición a proposta da Concellería de Cultura pasaba pola proxección dun filme, un coloquio e unha cata de viños, que se desenvolvía na tarde-noite deste mércores 11 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco.
Era a propia concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, quen daba a benvida aos asistentes, antes de proceder á proxección da película documental Una elefanta sobre la tela de una araña (2021). A cinta de Rolando Díaz xira en torno a un director de cine de máis de 70 anos que presinte que a morte anda cerca. Por iso quere burlarse da vida na que será a súa última película e para facelo, contará cunha anciá quixotesca de 109 anos, con moitas ganas de morrer; e tres xoves artistas.
Trala visualización da película subían ao escenario do teatro un grupo de mulleres da comarca, de diferentes xeracións e ámbitos, para contar as súas experiencias no coloquio dirixido unha vez máis pola comunicadora Cristina de la Torre que nun momento do coloquio chamaba en directo á neta de Simona Hoyo, protagonista do filme proxectado.
De forma simultánea, os asistentes desfrutaban dunha cata de viños.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo cedido.