OurenseÚltima hora

O Cineclube Padre Feijóo proxecta este luns “A Bela Dormente”

Este filme está enmarcado dentro da programación da filmoteca do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Fotograma da película.

Luns de cinema. O Cineclube Padre Feijóo prepara unha nova proxección para este luns, 2 de outubro. O título escollido é “A Bela Dormente” (2017). Esta película enmárcase dentro da programación da filmoteca galega do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

Dirixida por Adolfo Arrieta, o filme ambientase no reino de Letonia, onde o novo príncipe Egon pasa as súas noites tocando a batería. De día, só unha idea rolda sobre a súa cabeza: internarse no reino de Kentz para atopar á Bela Dormente e romper o feitizo. Pero o seu pai, o rei, incrédulo das lendas, oponse totalmente. Será Maggie, arqueóloga da UNESCO, quen lle proporcionará a clave.

O filme proxectarase en dous pases, ás 20:30 e ás 23:00 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense. A entrada ten un custo de 2 euros para os asociados e 2,5 para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button