A praza do Reloxo de Trives acollerá o vindeiro 29 de xullo ás 20h. un concerto da man o grupo Ella Zirina Trío, considerado unha das maiores promesas do jazz europeo. Está formado por Ella Zīrina (guitarra e composición), Eloi Pascual Nogué (batería), David Macchione (contrabaixo). Ademais terán como artista convidada a Miranda Agnew (trompeta).
O trío de Ella Zirina entretece os sons e texturas da guitarra, baixo e batería “nunha obra de arte checa de cor onde o resultado melódico e armónico se inspira na tradición do jazz e se centra en explorar as composicións orixinais”, din dende o Concello de Trives. Os tres músicos creaban o trío mentres eran estudiantes no Conservatorio de Ámsterdam.