ConcellosÚltima hora

Cita coa arte plástica no Barco da man da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A mostra inaugurárase o día 9 de novembro ás 16:30h., nun acto no que tamén se entregarán os premios aos artistas galardoados nesta edición

 

A sala de exposicións da praza do Príncipe do Barco acollerá a partires do vindeiro 9 de novembro a XII Bienal de Pintura do Eixo Atántico. Dela forman parte un conxunto de 30 obras plásticas finalistas neste certame que promove o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, cuxo vicepresidente é o alcalde do Barco, Alfredo García.

A vila valdeorresa será o punto de partida desta exposicións que, logo, percorrerá diversas cidades galegas e do norte de Portugal. O acto inaugural está previsto para as 16:30h. do citado día 9 de novembro. Ese mesmo día, pero durante a mañá, a Casa do Río Cigüeño será escenario da comisión executiva do Eixo Atlántico.

Artigos relacionados

Back to top button