PolíticaÚltima hora

Cita coa faciana política de Florencio Delgado Gurriarán, este xoves na Aira da Cruz, en Córgomo (Vilamartín)

O BNG organiza este acto dentro da campaña de cara o 25 de xullo

Florencio Delgado Gurriarán./ Foto: RAG.

 

Continúan os actos e as citas en torno á Florencio Delgado Gurrirán, poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2022. Desta volta será coa súa faciana política e da man do Bloque Nacionalista Galego que organiza para este xoves 14 de xullo un acto enmarcado na celebración da campaña de cara o 25 de xullo.

Dende o BNG Valdeorras aseguran que a política é a faciana máis importante na vida de Florencio, “a que marcou toda a súa obra e que guiou a súa vida. Esa faciana da que non se fala nos actos oficiais e sen a que non se pode entender a súa figura”.

O acto, que leva por título “Florencio: unha vida ao servizo de Galiza” será no seu Córgomo natal, ás 20 horas na Aira da Cruz (na placa a Leopoldo Quiroga), e contará coas intervencións de Manuel Agra, profesor xubilado do IES Martaguisela do Barco; María G. Albert, deputada do BNG no Parlamento de Galicia; e Emilio Vega, membro de Valdeorras Infinda e da CRMH.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button