
Os afeccionados ao mundo da cervexa artesá teñen unha cita na vindeira fin de semana na cidade de Ourense. Do 29 de setembro ao 1 de outubro a praza Bispo Cesáreo (Alameda) da capital será novamente escenario da quinta edición da Feira da Cervexa Artesá cun horario de 12h. a 00h.
Nela poderán probarse diferentes marcas e novas elaboracións de cervexeiros galegos. Ademais contarase coa presenza do mestre cervexeiro belga Glenn Schippers, afincado en Ourense “quen coas sus elaboracións achegaranos ás súas raíces”, segundo explican dende a organización en mans da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

Asemade o programa da feira inclúe actividades complementarias en torno ao mundo da cervexa como é o caso de maridaxes, concursos, concertos, charlas sobre o lúpulo galego, tres catas de diferentes estilos de cervexa e un curso de elaboración desta bebida, entre outros actos.
O toque musical da mostra porano os grupos The Phantom Dragsters, La cumbancha de la martiniana e El pelotón de los torpes. Ademais contarase coa presenza de varios food trucks no recinto.
Fotos: S.F.
