Tiña lugar no centro de formación desta entidade empresarial valdeorresa e corría a cargo de David Martínez
Ábrense novos escenarios económicos que implican novas ameazas, pero tamén oportunidades. Sobre este novo panorama económico e as ferramentas para poder manexarse nel versaba a conferencia “Claves para a xestión da súa empresa no 2016. Ferramentas despois do balance”, que se impartía na tarde do 10 de maio no centro de formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) no Barco.
A intervención corría a cargo de David Martínez Alonso, máster en auditoría e análise empresarial e con experiencia en diversas multinacionais. Diante dunha nutrida representación de empresarios valdeorreses abordaba as ferramentas básicas para a xestión dunha empresa e explicaba o camiño a seguir para xestionar o negocio no día a día.