CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Clon Bois abre a axenda de concertos deste mes de decembro no Bravo Lux da Rúa

O grupo valadeorrés de versións actuará mañá día 5 a partir da unha da madrugada

Clon Bois actuando este verán nas festas da Rúa.

 

Ata seis espectáculos en directo ten programados o Bravo Lux da Rúa para este mes de decembro. Para comezar, mañá xoves día 5 os valdeorreses Clob Bois subiranse ao escenario a partir da unha da madrugada, cun repertorio formado principalmente por versións de rock internacional de grupos como The Police, U2, Rolling Stones, Iggy Pop ou Bruce Springsteen, entre outros. Ao día seguinte, venres día 6 ás 21:30h. pasará polo local de copas José Bono “La Calculadora Humana” e a partir das 23:30h. haberá bailes latinos (como todos os venres) cos profesores E & E. O sábado, tamén de madrugada, contarán coa actuación de La Mosca Valiente.

A partir de aí haberá outros tres concertos, un cada sábado a partir da unha da madrugada. O 14 de decembro actuarán Dani Barreiro & Friends; o 21, Doc Magoo’s coa mellor música dos anos 60 e 70; e o día 28, Soul & Roll, ou o que é o mesmo, Miguel Araújo e Tamara Pérez, dúo ourensán que repasará na Rúa grandes temas da música. Dende o pop español dos anos 80 ou o rock de Bon Jovi, Guns N’Roses e Nirvana, ata os ritmos máis actuais de Ed Sheeran, Bruno Mars e Camila Cabello, entre outros.

Ademais, o Bravo Lux celebrará os especiais Nadal (24), Fin de Ano (31) e Reis (5), con música e moitas sorpresas.

 

Axenda de concertos do Bravo Lux.

Artigos relacionados

Back to top button