En portadaÚltima hora

Coa elaboración dos ramos comeza a tradición da Festa dos Reis na Mezquita

 

Laranxas, mazas, pero tamén conchos ou figos, roscas e materiais como papel de aluminio. Botando man destes elementos, mulleres da Mezquita de todas as idades reuníanse na tarde deste 4 de xaneiro na coñecida como “Casa dos Reis” para elaborar os ramos da súa antiga Festa dos Reis, que se retoma tras o obrigado parón da pandemia. Previamente, ás 10h. xa se realizaba a fornada de pan.

Deste xeito márcase o inicio desta antiga tradición, na que agora participan tanto homes como mulleres (cada grupo cos seus cargos, reis e virreis, e banquetes diarios) que continuará esta tardiña co canto dos Reis polas casas.

 

Un dos momentos do percorrido para cantar os Reis, esta tarde na Mezquita.

 

A celebración proseguirá o día 5 de xaneiro pola mañá coa petición de aguinaldos, facendo un novo percorrido polas casas da localidade, e durante a tarde coa elaboración da carroza, tampouco faltará a música e o baile, pola noite, coa charanga Tattoo.

O 6 de xaneiro será o “Día dos Invitados”, no que é costume que a veciñanza convide a persoas de fóra da localidade á misa das 12h. na igrexa parroquial e despois a participar do xantar. Tampouco faltará a música e o baile (pola noite) coa charanga O Bertolini.

Xa o 7 de xaneiro será o “Día da Parranda”, cun novo percorrido pola vila. Ao longo de todos haberá xantares e ceas compartidas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button