CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O Barco continúa coa Festa do Botelo ao ritmo dos cantos de taberna

 

Tal e como vimos dicindo durante toda a semana, a música é un dos ingredientes especiais cos que se elabora a Festa do Botelo do Barco e como mostra, a Foliada e Cantos de Taberna que poñen o broche a esta animada e concorrida XXIII edición.

 

 

Os Trimendos, Os do Venres, Os Somontanos, Macizas Centrais, Ministreles e Foliada de Bosende son os encargados de poñer ritmo á tarde e noite deste sábado 18 de xaneiro nos bares entre o Casco Vello e o Malecón. Comezaban pasadas as sete da tarde e continuarán ata preto das once da noite.

 

 

A actuación de Budiño, mañá domingo as 20 horas no Teatro Lauro Olmo, porá o punto e final a esta edición da Festa do Botelo. As entradas para este concerto (15 euros) están a venda de xeito anticipado en Ton y Son, e desde unha hora antes poderán adquirirse no propio Teatro.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button