
A música é tamén un elemento destacado na Festa do Codillo da Rúa que se celebrará o vindeiro sábado 25 de xaneiro, cunha nova edición dos Cantos de Taberna que se desenvolverán o día anterior, venres día 24 a partir das sete da tarde, polos bares da vila.
Nesta ocasión son cinco os grupos que amenizarán a tarde e noite do sábado pola rúa e polos locais de hostalaría: Abertal (A Rúa), Os Parrandas (Córgomo), Travesas (A Mezquita), O Recanto (Quiroga) e Ministreles (Monforte de Lemos).