CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Coanhadeira actúa este sábado no Ruxe Ruxe de Quiroga

O grupo folk ourensán presentará o seu último traballo “Bicos con luvas”
Coanhadeira durante un concerto.
Coanhadeira durante un concerto.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, a cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga ten programado para mañá sábado 21 de maio, un concerto moi especial. Coanhadeira, un dos grupos de folk de referencia do momento, achegarase ata a localidade lucense dentro da xira co seu último traballo “Bicos con luvas”.

Coanhadeira nace en Ourense no 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar os “restos” musicais conservados a través da tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos escenarios do sur de Europa como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas ou o Festival Intercéltico de Ortigueira, en Galicia; e tamén fóra das nosas fronteiras, actuando en Sauga Folk (Colindres, Cantabria), en Trobada de Buners (Andorra) ou no Festival Interceltique de L”Orient (Francia), entre outros.

Co seu último álbume, que presentarán en Quiroga a partires das 22:30 horas, pretenden “realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmósferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira”.

Cartaz do concerto de Coanhadeira no Ruxe Ruxe de Quiroga.
Cartaz do concerto de Coanhadeira no Ruxe Ruxe de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button