EconomíaEconomíaÚltima hora

Cobertura do caderno de explotación apícola, en Vilamartín

 

Na tarde deste mércores 17 de xullo era o turno da Asociación Valdeorresa de Apicultores para cubrir os cadernos de explotación.

Así, de 15:30 a 18:30 horas os apicultores achegábanse ata o Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín de Valdeorras para cubrir o caderno por parte da veterinaria da Agrupacion Apícola de Galicia, Esther Ordóñez, que tamán daba unha charla sobre sanidade apícola.

Tal como explica o presidente da Asociación, Armando Rodríguez, é obrigatorio por lei facer un tratamento ao ano, neste caso contra a varroa, cuxa receta quedaba asentada no libro do rexistro pola propia veterinaria.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button