A VeigaConcellosÚltima hora

Cobra forma o Nadal Enxebre da Veiga e a Feira Montañas de Trevinca

 

Dende pequenas figuriñas talladas en madeira a outras de tamaño natural, pasando por unha serie de fauna propia dos montes de Trevinca como os ourizos cacheiros e ata outros animais domésticos, pero tamén fermosas casas e escenas de oficios tradicionais como os relacionados co liño ou unha matanza do porco tradicional e, por suposto, representación do nacemento de Xesús.

Neste sábado vén de inaugurarse o Nadal Enxebre que se estende polas diferentes rúas da Veiga, obra do esforzo e traballo colectivo da súa veciñanza. Esta inauguración facíase coincidir coa apertura da 3ª edición da Feira Montañas de Trevinca.

Esta mostra, na que se amosan e poñen á venda produtos locais, poderá visitarse tamén mañá. Así o domingo 18 de decembro, a feira abrirá ás 11.00 horas, e ás 12.00 será a quenda para a degustación de Faba Loba.

Ás 14.00 horas, volverá a realizarse, coma hoxe, o sorteo de 5 cestas con produtos locais que poñerán o broche final desta cita. Ademais, cabe lembrar que por cada 6 euros de compra entregarase un vale para participar no sorteo das cestas e unha cunca para a degustación da faba loba.

 

Artigos relacionados

Back to top button