En portadaÚltima horaVídeos

Coedo e Millarouso (O Barco), tamén desaloxados pola proximidade das chamas

 

Outra localidade á que se está achegando con velocidade o incendio forestal iniciado en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) é Coedo, no Barco. A estrada N-536, que pasa por esta localidade e comunica O Barco con Sobradelo, xa está cortada ao tráfico.

 

 

O Periódico O SIL, que está facendo cobertura da evolución do incendio, puido comprobar o nerviosismo e a preocupación dos veciños que vían como se achegaba o lume ás súas casas sen que chegase ningún medio de extinción para poder combatelo. Pero logo comezaban a chegar os primeiros medios, un deles un, helicóptero.

Outro pobo barquense que vive con enorme preocupación a cercanía das chamas é a de Millarouso, onde tamén se procedía ao desaloxo dos veciños.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeo cedido.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button