En portadaÚltima hora

Cogomelos, xantar gourmet e teatro, nas XXI Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives

Ademais, dende o onte e ata mañá poderán saborearse as propostas do VI Concurso de tapa micolóxica en 15 establecementos da vila

 

Trala paréntese do ano pasado por culpa da pandemia de coronavirus, as Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives regresan este ano con máis ganas que nunca.

Así, A XXI edición arrancaba oficialmente na tarde do venres 29 de outubro, coa posta en marcha do VI Concurso da Tapa Micolóxica na que participan15 establecementos de hostalaría trivesa: Boliche, Manolos, Sky, Quintela, O Bodegón, A Cantina do Catro, O Pan da María, Casanova, O Pazo de San Lorenzo, As Maceiras, O Paíño, O Lar de Alicia, Estación de Montaña Manzaneda, San Martín e A Masía. Cada tapa ten un prezo único de 1,50 euros e será valorada por sabor e presentación polo xurado popular. O concurso concluirá mañá, 31 de outubro ás 15h. e ás 18h. farase un sorteo de agasallos entre o público participante na praza do Reloxo.

 

A entrega de trofeos e agasallos será mañá na praza do Reloxo.

 

O programa continuaba a primeira hora deste sábado 30 de outubro cunha charla sobre micoloxía a cargo da asociación Os Cogordos, no Auditorio Julio Vázquez, e unha hora despois era o momento de saír ao monte para recoller cogomelos.

Xa de regreso, en torno ás 14:30h. servíase un xantar gourmet micolóxico no Restaurante La Viuda de Trives. E xa pola tarde procedíase á clasificación dos cogomelos recollidos, no patio da Casa Grande e, seguidamente, A Caniceira era a encargada de inaugurar a exposición cunha obra de teatro. Esta mostra tamén poderá visitarse ao longo da xornada de mañá, de 10 a 18 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button