Día especial para os afeccionados ao mundo do motor. A primeira hora desta mañá de sábado 25 de xullo poñíase en marcha a competición do 53ª Rallye de Ourense, se ben, con algunha incidencia nos primeiros tramos.
Así no paso polo tramo da Peroxa tiña lugar unha saída de vía de Daniel Alonso e Cándido Carrera sen consecuencias para os pilotos, pero que obrigou a neutralizar o tramo para os seguintes pilotos. Ata o momento completarán ese treito 13 pilotos.
Neste primeiro tramo Cohete Suárez situábase primeiro, en segundo lugar quedaba Pepe López e, terceiro, Iván Ares. O mellor resultado ourensán viña da man do piloto Javier Pardo, sexto.
Máis información:
https://osil.info/accidente-do-ourensan-emilio-vazquez-no-tc4-do-rallye-de-ourense/
Tamén o segundo tramo do rallye, o de Toén, resultaba neutralizado por accidente. Neste caso era unha saída de vida do vehículo de Daniel Álvarez e Adrián Vázquez (Suzuki Switf Sport). Aquí repetíanse os resultados: Cohete Suárez primeiro, Pepe López segundo e terceiro, Iván Ares. O mellor resultado ourensán, novamente, era o de Javier Pardo, sexto.
Xa no terceiro tramo, novamente na Peroxa, Pepe López conseguía o mellor resultado, seguido, iso si, de Cohete Suárez e Iván Ares.
Ata o cuarto tramo, en Toén (que tamén resultaba neutralizado pola saída de vía o vehículo de Emilio J. Vázquez e Héctor Rodríguez), a clasificación xeral resulta practicamente idéntica:
1 Cohete Suárez: 38.02.2
2 Pepe López: 38.0.8
3 Iván Ares: 38.25.5
4 Alberto Monarri: 38.51.4
5 Iago Caamaño: 39.34.4
6 Javier Pardo: 39.38.4
Fotos: Carlos G. Hervella
Vídeos: Alba Prada / Carlos G. Hervella.