ConcellosManzanedaÚltima hora

Coios de máis de 3 m de altura nunha horta de Soutelo (Manzaneda)

 

De considerable altura son os coios que ten un veciño de Soutelo (Manzaneda), Pedro García, na súa horta. Son máis de media ducia os que superan os 3 metros e teñen dous anos de vida, co cal xa son moitas as verzas que lle teñen aportado.

E esa altura implica que agora mesmo este veciño teña que subirse a unha escada para coller as verzas. Ademais ten que postear os coios para evitar que o vento os parta ou os arrinque cando sopra con forza. O señor Pedro tamén confesa que para lograr estes exemplares de coio usa algún que outro truquiño, como poñerlles, cando medran, follas de rebolo para evitar que lle saian herbas e, ao mesmo tempo, manterlles a humidade.

 

 

Ademais agora mesmo xa ten outros novos sementados e en camiño, que confía en que tamén acaden unha boa altura.

Estes coios están rodeados doutros cultivos como tomates, pementos, etc, cos que o señor Pedro tamén demostra que é un gran horticultor porque todo está moi ben coidado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button