ConcellosO BarcoÚltima hora

Cola para inscribirse na piscina climatizada do Barco

 

Ás dez da mañá deste venres 7 de xaneiro abríanse as inscricións para a piscina climatizada do Barco. Numerosas persoas, de todas as idades, agardaban a súa quenda para poder formalizar a súa inscrición. Así, ás dez e media xa estaban anotadas medio cento de persoas.

Os horarios de atención aos interesados en formalizar a súa inscrición son os seguintes, desde o día 7: días laborables, de luns a venres, de 10,00 a 12,00 e de 18,00 a 20,00 horas, e os sábados, de 10,00 a 13,00 horas. As inscricións deben facerse de xeito presencial”.

Dende o Concello do Barco adiántase que na “piscina haberá diferentes actividades e posibilidades para os interesados. Entre elas, as seguintes: nado libre e cursos de natación para nenos e adultos, abonos para nenos, adultos e familias, Sala Fitness, actividades en seco e en auga (Aquagym, txr, pilates, areóbic, cicloindoor…).

Ademais, as persoas interesadas poden tamén solicitar información no seguinte mail: info.obarco@aquativos.com .

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button