ConcellosÚltima hora

Colisión entre un turismo e un camión con bombonas de butano, no Saviñao

Os bombeiros tiñan que excarcerar a un dos tres ocupantes do coche e ao condutor do camión

 

Na tarde deste luns 11 de setembro producíase un accidente de tráfico no Saviñao, no que se vían implicado un turismo e un camión con bombonas de butano. Ademais dos feridos, dúas persoas que eran liberadas polos bombeiros tralo impacto, a colisión ocasionou danos na carga do camión, quedando algunhas das bombonas ciscadas na beiravía, sen fugas, tal como indican dende o 112 Galicia, engadindo que “tamén había bastantes restos do choque na estrada, na LU-533, o paso por Santo Estevo de Ribas de Miño e a circulación viuse afectada”. 

O 112 Galicia tiña coñecemento do sinistro minutos antes das sete desta tarde mediante a chamada de alerta dunha das persoas que viaxaba no vehículo. Esta persoa indicou que “había feridos, e que mesmo serían necesarios os bombeiros, pois eran incapaces de saír do coche”.

Finalmente, “os Bombeiros de Chantada excarceraron só un dos tres ocupantes do turismo e ao condutor do camión”, din deden o 112, indicando que “todos estaban conscientes e agardaban a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”.

Do mesmo xeito, eran necesarios medios para a limpeza da vía. Así, para a retitada e limpeza dos danos, solicitouse desde o 112 Galicia a axuda do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Neste operativo participaron, ademais, os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button