En portadaEntroido 2025Última horaVídeos

Colorido, animado e concorrido desfile de Entroido en Vilamartín de Valdeorras

 

Vistoso, animado e máis numeroso que nunca. Así foi o desfile de Entroido que na tarde deste sábado 1 de marzo percorría Viamartín de Valdeorras.

 

 

O recente falecemento dun veciño da Rodeleira obrigaba a cambiar o punto de saída para a rúa Miguel de Cervantes, diante da igrexa, e dende aí, pasadas as catro e media saían as 17 comparsas de toda a comarca que participaban no desfile ata a praza Xosé Lois Núñez.

 

 

Coma sempre a orixinalidade e elaboración dos disfraces chamaba a atención en cada comparsa, moitas con traballadas coreografías: Volta a ela; Plátanos de Asfaval; Club de Petanca Valdeorras; Os Ampavirus de Vilamartín; Os Nasarre; Os Piratas de Quereño; Os Minions; Lagartixa da Lastra; Los Ángeles del Ying-Yang; Choki Córgomo; Trangallada; Troula da Rúa; Os Zamarreiros vban dan de festa; Excursión do Inserso; A Ruada; Los Minios de Aturuxo; e C.N. Valdeorras.

 

 

 

O fin de festa na praza corría a cargo de Disco Show Danzalia, con chocolatada e churros para os participantes.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button