Un ano máis a cidade de Ourense festexaba unha das súas festas máis tradicionais: o San Lázaro. Unha cita que se celebra dous domingos antes de Pascua, este ano, o 6 de abril.
Os actos comezaban coa misa solemne na honra de San Lázaro na igrexa parroquial de Santo Domingo, seguida da procesión coa Agrupación Musical Redegaita, ata a Conventual dos Franciscanos, percorrendo as rúas Santo Domingo, Parque de San Lázaro e Xaquín Lorenzo “Xocas” con gaiteiros e cabezudos.
E xa ás 13 horas tiña lugar a tradicional e espectacular Queima das Madamitas, a cargo da Pirotecnia Josman, fronte á Subdelegación do Goberno.



