No marco do novo calendario de vacinación para toda a vida posto en marcha en Galicia, na xornada deste luns 10 de outubro abríase a campaña da gripe.
Tal como informan dende o Sergas este ano como novidade incorpórase no calendario aos nenos e nenas de entre 6 e 59 meses e unha das nenas que o estreaba en Ourense era Aylén, moi tranquila no colo da súa nai Ainara.
Por servizos de Atención Primaria, na provincia vacinaranse 6.317 nenos nesta franxa de idade (564 no Barco de Valdeorras, 41 na Pobra de Trives e 43 en Viana do Bolo).