EconomíaEconomíaÚltima hora

Comeza a campaña ‘Máis Rebaixas’ do CCA na que participan 21 comercios do Barco

Estenderase ata o 31 de agosto coa venda de produtos a prezos moi rebaixados

 

Dende hoxe e ata o 31 de agsoto, un total de vinte e un establecementos do Barco de Valdeorras participan na campaña ‘Máis Rebaixas’, organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA), que “poñerá punto e final ás rebaixas de verán con grandes descontos en produtos da tempada estival”, aseguran dende a asociación.

Así, ata final de mes os establecementos, pertencentes a diferentes sectores de actividade, ofrecerán aos seus clientes produtos a prezos moi rebaixados. “Situarán un espazo nas súas tendas cos produtos en promoción ou exhibiranos no exterior dos seus locais, colocados en burros ou mesas na beirarrúa; sen entorpecer o paso aos peóns”, adiantan dende o CCA, engadindo que os clientes “poderán identificar os comercios participantes a través dun cartel promocional, ou consultar a información da campaña na páxina web do CCA“.

Os establecementos participantes son: Ana de la Puente, Baamonde, Boutique Glory, Can Can, D’Chus, Dulce Bebé, Eneska Moda, Ferretería Moncho, Garoba, Laurarte, Librería Murciego, Moda Anímate, Modas Toño, N37, O Bambán dos Sorrisos, Palpie, Pamen, Pili Confecciones, Pizpireta, Trios 2.0 e Varadero.

 

Artigos relacionados

Back to top button