A RúaConcellosÚltima hora

Comeza a II edición do taller de autocoidado impartido polo Centro de Día da Rúa

Ademais, os luns dos meses de febreiro e marzo, impartirán no propio centro obradoiros de estimulación cognitiva

 

Pouco máis dun mes despois de clausurar a primeira edición, que tivo moi boa acollida, na tarde deste xoves 20 de xaneiro comezaba a segunda edición do curso de autocoidado organizado polo Centro de Día da Rúa. Baixo o título “Eu coidome, e ti?” está novamente impartido pola psicóloga do centro, e consistirá en doce sesión que se impartirán todos os xoves de 16 a 17 horas no Salón de Actos do Concello.

Tal como explica a psicóloga, Mª Sol, durante as sesións o que van traballar é basicamete a autoestima e o control das emocións para que as asistentes se coñezan a si mesmas; e tamén “técnicas de respiración e relaxación, así como  como a alimentación, para manter un equilibrio entre o corpo e a mente”, puntualiza, recoñecendo que todas as persoas que asisten son mulleres e “sempre son coidadoras polo que tratamos de traballar o síndrome do niño baleiro, dándolle valor a elas mesmas ao tempo que creamos grupo, especialmente despois da pandemia”, di Mª Sol. De feito recoñece que a primeira edición saíu moi ben porque as asistentes son moi participativas, expoñendo os problemas de cada unha. “Eu  o único que fago é unha pequena introdución coa teoría pero despois son elas as que realmente o fan todo”, asegura, incidindo na mensaxe do curso: “Coidarse, quererse e estar forte para afrontar o que veña”.

De forma paralela, e xa no propio Centro de Día (pertencente á Rede de Centros de atención aos maiores da Xunta), todos os luns dos meses de febreiro e marzo (dende o día 7), impartirán obradoiros de estimulación cognitiva para traballar e estimular a memoria, a atención, a linguaxe ou o cálculo.

Para máis información e inscricións en calquera dos obradorios, chamar ao Centro de Día: 988 312 302.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button