SanidadeÚltima hora

Comeza a instalación do TAC no HCV do Barco

Podería empezar a funcionar na semana do 31 de agosto
Instalación do novo TAC no Hospital Comarcal Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Instalación do novo TAC no Hospital Comarcal Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

O novo equipo de Tomografía Axial Computerizada (TAC) está finalmente no Hospital Comarcal Valdeorras do Barco. Será instalado no centro barquense ao longo desta semana co fin de que poida xa estar en marcha, coa realización dos primeiros estudos, en torno ao vindeiro 31 de agosto. “Tanto a nova sala de mamografía como a do TAC foron totalmente renovadas para acoller os novos equipos de imaxe diagnóstica pola Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras”, segundo se indica dende o Sergas.

A descarga do novo equipamento tiña lugar na mañá do 25 de agosto co fin de proceder neste mesmo día aos traballos de instalación, dacordo cos prazos fixados coa empresa adxudicataria deste equipamento de alta tecnoloxía, Philips, que igualmente realizaba nos últimos días a desinstalación e desmontaxe do vello equipo.

“Esta mesma semana, tras os traballos de instalación, a Unidade Técnica de Protección Radiolóxica procederá a emisión da certificación de verificación radiolóxica do novo equipo diagnóstico, para inmediatamente proceder a actualización da formación de todo o persoal responsable do seu manexo”, informan dende o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button