
Con certas limitacións e moita cautela, as celebracións, tanto lúdicas como culturais e relixiosas, van regresando ao calendario popular, e no caso concreto da parroquia ruesa de Fontei conmemorará en menos dun mes, dúas importantes festas: a de Fátima, o 13 de maio e a de San Antón o 13 de xuño.
A de maio é unha festa única e exclusivamente relixiosa organizada pola Confradía da Virxe, Parroquia do T. C. de Nosa Señora do Rosario de Fontei, que congrega a centos de fieis en torno á programación de actos para pedir saúde e toda clase de clemencias.
Os actos comezan, hoxe, mércores 4 de maio coa celebración do rosario, novena e misa que se estenderá ata o 12 de maio, unicamente en horario de tarde, todos os días ás 19:45 horas a excepción do domingo 8 de maio que será ás 19 horas.
Máis información no número de maio de O SiL en papel.