CulturaCultura

Comeza a rodaxe da miniserie “O Códice”

O acto de presentación deste proxecto audiovisual tiña lugar en Santiago
Presentaci—n do inicio da rodaxe da miniserie "Có—dice".
Presentaci—n do inicio da rodaxe da miniserie “Có—dice”.

O suceso do roubo do Códice Calixtino acontecido o pasado ano na Catedral de Santiago salta a pequena pantalla con forma de miniserie. Será da man da produtora galega Ficción Producciones, que presentaba este proxecto audiovisual o 13 de setembro na cidade compostelana.

A rodaxe iniciábase xa o pasado luns 1 de setembro e contempla un intenso calendario de traballo ata o vindeiro 13 de outubro, coa maioría das xornadas na zona monumental de Santiago e en localizacións tan emblemáticas como a nave central, o claustro e as cubertas exteriores da catedral, a capela da Corticela, a praza das Praterías ou o cemiterio do Parque de Bonaval.

Este proxecto, cofinanciado pola Consellería de Cultura, está dirixido por Jorge Cassinello e protagonizado por Miguel de Lira, María Vázquez, e Francis Lorenzo. Conta asemade con Julio Casal e Mamen Quintas como directores executivos e ten como punto de partida un dos acontecementos ocorridos en Galicia con máis repercusión informativa nacional e internacional: o roubo do Códice Calixtino da catedral compostelá.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button