EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Comeza a V Festa do Casco Vello do Barco cunha gran participación

Desenvolverase do 16 ao 17 de xuño con propostas musicais, de artesanía e degustacións de petiscos

 

A partir das 20h. desta tarde abrían as súas portas os postos dos bares na praza Maior do Barco, dando inicio dese xeito á V Festa do Casco Vello da vila. Propostas enogastronómicas novidosas, abundante música e moi variada, malabares, humor, artesanía e produtos locais ao longo de dúas xornadas festivas no berce da vila do Barco son algúns dos ingredientes do programa, que se desenvolverá do 16 ao 17 de xuño.

Trátase dunha iniciativa na que se unen cinco establecementos de hostalaría desta zona da vila (Excalibur, O Buraco, Agarimo, Veira Sil e 13/14) e o Concello, a través da súa Concellería de Turismo.

 

 

Mentres o público degustaba os diversos petiscos dos bares, comezaban as probas de son do grupo que abrirá a parte musical da festa ás 22h. deste venres: s Wavy Gravies. Pouco antes da medianoite, ás 23:30h. tomarán o relevo musical The Bo Derek’s, unha banda liderada por Óscar Avendaño, ex compoñente de Siniestro Total. E xa á unha da madrugada chegará o son do picadiscos Dj Dani Argü.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button