SanidadeÚltima hora

Comeza a vacinación da gripe para o persoal sanitario

O vindeiro día 13 de outubro iníciase a campaña para toda a poboación

 

Ponse en marcha neste 5 de outubro a campaña de vacinación antigripal entre os profesionais sanitarios na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Neste mesmo marco, tamén o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudía esta mañá a vacinarse da gripe no centro de saúde de Lavadores de Vigo.

O conselleiro destacou que vacinarse fronte á gripe este ano ten unha especial relevancia, xa que no contexto da pandemia polo Covid poden coincidir ambas infeccións, de aí a importancia da vacinación antigripal das persoas en risco e a redución da carga desta enfermidade.

 

O conselleiro de Sanidade, vacinándose contra a gripe.

 

A poboación xeral, e especialmente os grupos de risco están chamados a vacinarse a partir do vindeiro martes 13 outubro. Galicia ten este ano un total de 865.830 doses dispoñibles para esta campaña, 200.830 doses máis que na campaña do 2019, e suficientes para conseguir e incluso incrementar estas altas coberturas propostas como obxectivo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button