Multitude de nenos e nenas, nalgúns casos acompañados polos seus pais e nais, abrían a XV Carreira do Turrón do Barco coa primeira as probas. Os máis pequenos tomaban a saída xunto á Fonte da Ra no Malecón, encabezados por axente da Policía Local do Barco, e completaba o percorrido ata a praza de Andrés de Prada onde todos os participantes recibían un agasallo.
Ás oito e media será a quenda dos maiores, cuxa carreira sairá dende Andrés de Prada.
Galería de fotos en:
A XV Carreira do Turrón do Barco enche de cor e alegría as rúas do centro da vila