En portadaÚltima horaVídeos

A XV Carreira do Turrón do Barco enche de cor e alegría as rúas do centro da vila

 

Cintas brillantes de cores, árbores de Nadal, Papás Noeles, elfos, bolas, renos, uvas… ou mesmo o reloxo da Porta do Sol. Creatividade, moita cor, ilusión e bo humor enchían as rúas do centro do Barco a partir das 20:30h. deste 22 de decembro coa multitudinaria XV Carreira do Turrón do Barco que volvía bater récords de participación. Persoas de todas as idades, cativos e mesmo mascotas participan nesta proba non competitiva e solidaria que comezaba ás 20h. coa proba dos máis pequeniños (con saída da Fonte da Ra no Malecón e meta en Andrés de Prada), que tras rematar recibían un agasallo e unha medalla cada un.

 

 

Despois, ás 20:30h. era a quenda dos maiores, que tomaban a saída dende Andrés de Prada. Tras completar o percorrido (que podía ser dunha ou varias voltas, camiñando ou correndo), os participantes voltaban ao punto de partida.

 

 

A organización, en mans do Concello do Barco, entregaba unha serie de premios individuais (ao mellor disfrace, ao corredor máis novo e ao máis veterano) e colectivos (a asociación con máis participantes, á empresa, club deportivo, e ao mellor disfrace colectivo de Nadal). Ao remate da proba tamén estaba prevista unha chocolatada.

A carreira tiña un carácter solidario e nela facíase recollida de alimentos. Na súa organización colaboraban a Policía Local do Barco, Protección Civil, o GES Valdeorras e Ambulancias Sil.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis fotos e vídeos en:

https://osil.info/multitudinaria-xv-carreira-do-turron-do-barco/
https://osil.info/comeza-a-xv-carreira-do-turron-do-barco-coa-proba-dos-mais-pequenos/

Artigos relacionados

Back to top button