DeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Multitudinaria XV Carreira do Turrón do Barco

 

Ás oito e media da tarde dábase á saída á XV Carreira do Turrón do Barco dende a praza Andrés Prada cunha multitudinaria participación, batendo récords con respecto a outras edicións. A proba, na que se poden facer unha, dúas ou tres voltas correndo ou camiñando, percorre a estrada xeral do Barco, logo xira e volta ao Paseo do Malecón para regresar a Andrés de Prada.

 

 

Velando pola seguridade e controlando o tráfico durante o percorrido desta carreira, organizada polo Concello do Barco, están a Policía Local, Protección Civil e o GES Valdeorras. Tamén se conta co apoio de Ambulancias Sil.

Galería de fotos en https://osil.info/a-xv-carreira-do-turron-do-barco-enche-de-cor-e-alegria-as-ruas-do-centro-da-vila/

 

Artigos relacionados

Back to top button