ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Comeza en Trives o programa de actos polo Día mundial contra a violencia de xénero

Esta tarde iniciábase o reparto de mascarillas e xeles hidroalcohólicos con lazos violetas entre os establecementos do municipio

 

No marco da celebración o vindeiro 25 de novembro do “Día Mundial contra a Violencia de Xénero” o Concello da Pobra de Trives vén de poñer en marcha, a través do Centro de Información á Muller (CIM), unha serie de actividades “para a visibilización e concienciación da importancia desta loita colectiva”.

Así, na tarde deste 4 de novembro comezaba o reparto de mascarillas homologadas que foron deseñadas dende o Concello con multitude de lazos violetas e xeles hidroalcohólicos. O reparto estase a levar a cabo nos diferentes establecementos da vila.

O programa incluirá ademais outro tipo de actividades como a colocación da pancarta conmemorativa e iluminación violeta no edificio do Concello, un concurso de slogans e debuxos contra a violencia de xénero no IES Xermán Ancochea, unha campaña en negro contra as violencias en colaboración cos establecementos triveses e un acto institucional o 25 de novembro.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button