DeportesÚltima hora

Comeza a liga galega de fútbol gaélico

O equipo feminino do Auriense F.G. de Ourense perdeu nun axustado encontro disputado el Lalín
Equipo feminino do club Auriense F.G.
Equipo feminino do club Auriense F.G.

Tras un retraso considerable na tarde do 13 de novembro arrancaba a tempada 2016/2017 da liga galega de fútbol gaélico co encontro disputado en Lalín entre Herdeiras de Dhais e o conxunto feminino do Auriense F G. “Tras un emocionante encontro, que se decidiu nos derradeiros segundos, a vitoria caeu do lado das xogadoras locais”, explican dende o club ourensán. O resultado: Herdeiras de Dhais F.G. 4-13 (25) vs Auriense F.G. 2-16 (22).

O vindeiro domingo día 20, no Campo da Universidade de Ourense haberá sesión dobre. O equipo feminino recibe ás Ártabras de A Coruña, mentres que os rapaces enfrontaranse ao debutante Cambados FG, “no que promete ser un comezo de tempada apaixoante, con esperanzas no equipo masculino de loitar polo ascenso”, adiantan dende Auriense.

Por outra banda, o sábado 11 de novemebro disputouse unha nova xornada da liga gallaecia, a liga mixta de fútbol gaélico, onde o equipo ourensán das Afiadoras, conseguiu a súa primeira vitoria da tempada. Ourense festexa así un deporte que segue a crecer en Galicia.

Imaxe desta última xornada conxunta da liga gallaecia en Ourense.
Imaxe desta última xornada conxunta da liga gallaecia en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button