CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Comeza na Aula da Rúa, o curso da UNED sobre agricultura e alimentos ecolóxicos

O desenvolvemento do curso esténdese ata marzo de 2024

 

Na tarde deste venres 10 de novembro comezaba o Curso de Agricultura e Alimentos Ecolóxicos que a UNED de Ourense, na súa Aula da Rúa, organiza como a súa primeira actividade formativa sobre agricultura ecolóxica e o cultivo de alimentos naturais. Cunha metodoloxía non tan teórica como adoita ser habitual, a actividade está enfocada a unha formación dinámica e atractiva para os participantes, sobre todo pola temática e conta con 25 inscritos, a maioría en liña.

O curso está impartido por María Eugenia Medina Enóloga, Licenciada en Bioloxía e xestora de Dona Branca Asesoría Enolóxica Integral S.L e sobre todo con moita experiencia en temas relacionados con asesoramento en agricultura e viticultura e ampla experiencia no ámbito formativo. De aí que esté orientado a conseguir que os participantes aproveiten ao máximo os seus recursos naturais e adquiran coñecementos básicos de agricultura ecolóxica.

Comezando desde unha perspectiva tradicional a dos nosos antepasados, chegarase a unha máis actual adaptada aos novos cultivos e aos cambios na sociedade, sobre todo a nivel climático. Tocaranse todas as áreas: o chan e os seus nutrientes, como traballalo e potencialo, crear materia orgánica, compost, tratamentos, abonos etc. E sistemas de rega, tema imprescindible para conseguir un bo resultado.

O desenvolvemento do curso esténdese ata marzo de 2024, de fronte sobre todo a realizar dúas visitas a centros de cultivo ecolóxico para que a formación sexa completa e póidase ver ir situ os resultados deste tipo de agricultura.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button