SanidadeÚltima horaVídeos

Comeza o movemento de terras para a construción do novo Centro de Saúde da Rúa

 

Tal e como estaba previsto, na mañá deste luns 27 de xaneiro a pala comezaba a traballar no terreo para a construción do novo Centro de Saúde da Rúa a cargo da empresa Vilor Infraestruturas S.L.

O novo centro de Atención Primaria, cuxa construción xurde da colaboración da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas coa Consellería de Sanidade e o Concello da Rúa, contará cunha superficie que superará os 1.300 m2, e acollerá as consultas, salas e espazos requiridos por Sanidade para cumprir co plan funcional elaborado para dar o mellor servizo sanitario aos rueses.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button