Dende as 9 da mañá deste martes 8 de xuño, o IES Cosme López Rodríguez da Rúa acolle a primeira xornada da ABAU -Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade-, para os 112 estudantes que se examinarán nesta edición de 2021. 64 alumnos acoden desde os institutos do Barco de Valdeorras (32 do IES Lauro Olmo e 32 do IES Martaguisela); 21 dos da Rúa (13 do IES Cosme López Rodríguez e 8 do Pablo VI-Fátima); 10 do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives; 12 do IES Carlos Casares de Viana do Bolo; e 4 do IES de Quiroga.


Para a realización das probas, o instituto rues habilitou dúas aulas, igual que antes da pandemia, pero mantendo o protocolo anticovid: metro e medio de distancia entre mesa e mesa, todos os alumnos con mascarilla e xel hidroalcohólico na entrada.
Así, con ilusión e certas doses de nerviosismo, os xoves afrontan esta primeira xornada na que se examinarán de Historia de España, Lingua Castelá e Literatura II, ámbolos dous exames pola mañá; e de Matemáticas Aplicadas CC.SS, Fundamentos da Arte II, Economía da Empresa e Deseño, xa pola tarde.

Mañá, martes 9 de xuño, tocaralle o turno aos exames de Lingua e Literatura II, Primeira Lingua Estranxeira II, Matemáticas II, Latín II, Debuxo Técnico II, Artes Escénicas, Segunda Lingua Estranxeira II, Química e Grego II.



E xa o mércores, última xornada da ABAU 2021, será a quenda para os exames de Bioloxía, Historia da Arte, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual II, Xeoloxía e Historia da Filosofía.
Nos vindeiros tres días, estes xoves xóganse o acceso á carreira elixida.
Fotos: Mónica G. Bellver