En portadaÚltima horaVídeos

Comezan no Barco os actos do 17 de maio, Festa das Letras Galegas de Florencio

 

Cun ramo de flores eran recibidas as fillas do poeta Florencio Delgado Gurriarán, acompañadas por numerosas autoridades como os presidentes da Xunta, do Parlamento galego e da Deputación de Ourense, na entrada do Teatro Lauro Olmo do Barco. Deste xeito, daban comezo os actos oficiais deste 17 de maio, Día das Letras Galegas no Barco.

Tras facer un percorrido pola exposición “Bebedeira de soños”, guiados polo seu comisario o investigador barquense Ricardo Gurriarán, dábase paso a un acto institucional, que se abría coa interpretación de “Fortuna de poder amar”, por parte de Roi Casal.

 

 

Logo viñan diferentes intervencións, entre elas a do alcalde do Barco, Alfredo García, a do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a de Ricardo Gurriarán, en representación da familia do poeta, quen destacaba “a súa forma de ver a saudade diferente”; logo o do presidente da Deputación, Manuel Baltar, e finalmente a do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela.

 

 

 

 

Entre os asistentes estaban tamén o conselleiro de Cultura, o delegado da Xunta en Ourense, así como alcaldes de Valdeorras, entre outros representantes políticos.

En breve iranse ampliando información e imaxes.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button