OurenseÚltima hora

Comezan os traballos da captación termal protexida no interior do Pazo Provincial

O presidente da Deputación supervisou hoxe as obras de prospección

Manuel Baltar supervisa os traballos da captación termal no Pazo Provincial.

 

Os traballos da captación termal protexida que se están levando a cabo no Pazo Provincial son o primeiro paso para o futuro emprazamento neste edificio do gran hotel termal da cidade, iniciativa que impulsa o propio presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

“Hoxe é un día importante no Pazo Provincial”, aseguraba Baltar durante a supervisión do inicio das obras na mañá deste 21 de abril, destacando que o obxectivo desta captación é comprobar que existe caudal suficiente para unha instalación termal con sede no propio Pazo. “Trátase da maior aportación que fai a Deputación a prol do termalismo de Ourense desde a posta en marcha do plan “Ourense, a provincia termal”, para poder contar, se a captación da os resultados esperados, cun dos mellores balnearios de Europa, que vai supoñer un antes e un despois na historia da cidade; o digo como presidente da Asociación de Cidades Históricas Termais, como coñecedor da magnitude dos grandes balnearios de Europa, pois ter un balneario no centro da capital ourensá, na principal zona comercial e a metros das Burgas, a fonte que deu orixe a cidade, é unha gran aposta”, expresa Manuel Baltar.

Os traballos de prospección de augas subterráneas iniciados hoxe teñen como obxectivo a realización dun pozo de barrena de 150 metros de profundidade máxima, e unha vez rematado o sondeo realizarase a avaliación hidráulica, microbiolóxica e fisicoquímica dos resultados. O método de perforación, de acordo coas series litolóxicas que se agardan atravesar, é o de rotopercusión con martelo en fondo e limpeza por aire a presión, sen utilizar lodos nin aditivos, segundo o informe técnico.

 

Artigos relacionados

Back to top button