CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Comezo de curso escalonado e con distancias de seguridade no IES Lauro Olmo do Barco

 

Seguindo o circuíto establecido xa no exterior do IES Lauro Olmo do Barco, e respectando as distancias de seguridade, comezaba a entrar o seu alumnado a clases dende as 8:30h. deste mércores 23 de setembro. Era un reencontro coas aulas totalmente inédito e marcado polas medidas do protocolo anticovid.

Os  primeiros en acceder ao instituto eran os estudantes de 1º e 2º da ESO. Facíano gradualmente, ao ser chamados, por orde de lista. A mesma escena repetíase, unhas horas de despois, coa entrada, tamén escalonada, do alumnado de primeiro de bacharelato.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button