En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico reúnese por segunda vez no Barco

A Casa do Río Cigüeño do Barco acolle dende as once da mañá de hoxe, 9 de novembro, unha xuntanza da Comisión Executiva do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Nela participan o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao; o presidente da entidade e alcalde de Braga, Ricardo Rio; e por suposto o alcalde do Barco e vicepresidente do Eixo, Alfredo García. É a segunda ocasión na que se celebra un encontro deste tipo na vila. O primeiro tiña lugar en xaneiro do ano 2015.

Por outra banda, pola tarde, está prevista a inauguración da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Será ás catro e media da tarde na sala de exposicións (da antiga Caixanova) da praza do Príncipe barquense. Desta mostra forman parte un conxunto de 30 obras plásticas finalistas neste certame que promove o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, cuxo vicepresidente é o alcalde do Barco, Alfredo García.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/alcalde-barco-alfredo-garcia-novo-presidente-eixo-atlantico/

Artigos relacionados

Back to top button