Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Comparsas e toques de bombos e aixadas na Festa da Cachucha do Carballiño

No pasarrúas deste mediodía participaban os folións de Fradelo (Viana), Os Arrieiros (Petín) e o do Tameirón (A Gudiña), que volverán saír no desfile da tarde

Domingo de Piñata, desfiles e celebración da 25 Festa da Cachucha no Carballiño neste 10 de marzo. Unha celebración á que lle poñía ritmo xa a partir das 12h. un pasarrúas polo centro da vila a cargo das charangas Doctor Anchoa, Castro Bello, Noroeste, Ardores e CLK, así como dos folións de Fradelo (Viana do Bolo), O Tameirón (A Gudiña) e Arrieiros de Petín, e de nove comparsas de Amoeiro.

A festa continuará pola tarde. Ás 17:30 h. está previsto que comece o desfile-concurso de comparsas con saída da rúa Otero Pedrayo e co recorrido habitual por Conde Vallellano, Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e rúa do Paseo. Nel, ademais das 16 comparsas que competirán polos casi 8.000 euros que hai para premios, tamén desfilarán fóra de competición outras moitas comparsas, así como os tres folións da mañá.

Como vén sendo habitual, este desfile irá encabezado pola murga Os Liborianos, e ao remate, ás 19 h., actuará na Praza Maior a orquestra-espectáculo Principal, en cuxo escenario se entregarán os premios do concurso, así como os correspondentes á Ruta dos Mil, celebrada o pasado sábado.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button