Mañá complicada para circular polo centro do Barco accedendo dende a céntrica avenida Conde Fenosa, na que se veñen de retomar os traballos de asfaltado iniciados o pasado mércores. Un dos carrís está cortado e polo outro hai limitacións para circular. Tamén se lle complica á situación aos vehículos á hora de aparcar, ao suprimirse tamén as prazas de estacionamento pola obra.
A Policía Local do Barco está a regular o tráfico para facilitar a circulación dende primeira hora da mañá.
Fotos: O SIL.