ConcellosO BarcoÚltima hora

Conato de incendio nunha vivenda en Viloira (O Barco)

 

Na tarde deste venres 24 de febreiro producíase un conato de incendio en Viloira (O Barco de Valdeorras). Pasadas as 18:15 horas saltaba o aviso no 112 Galicia. Segundo informan dende a Policía Local do Barco, tratábase dun conato de incendio na cheminea dunha vivenda situada no Nº 1 da rúa Elena Quiroga.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse os GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e os Bombeiros, que actuaban con rapidez sen ter que lamentar danos.

 

Artigos relacionados

Back to top button