EconomíaEconomíaÚltima hora

Concentración ante o TSXG para pedir que a mina de Penouta (Viana) non se peche

 

Pouco máis dunha semana despois da concentración realizada na praza Maior de Viana do Bolo, neste xoves 9 de novembro volvía rexistrarse unha nova mobilización en favor do mantemento da explotación na mina de Penouta (Viana do Bolo).

Desta volta as reivindicacións levábanse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, onde esta mañá tiña lugar unha nova concentración baixo consignas como “Penouta non se pecha” ou “Minería é vida”. Desta actividade extractiva dependen, segundo a empresa canadense Strategic Minerals, que é quen está explotando a mina, unhas 129 familias de forma directa.

Hai que lembrar que a mediados deste mes de outubro a Sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decretaba, tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción, a paralización cautelar da explotación mineira da Penouta “ante os graves impactos que ten a mina sobre o espazo protexido de Pena Trevinca, Rede Natura 2000”, en referencia ás verteduras de metais pesados.

Para a empresa canadense que explota a mina esa “paralización non está fundamentada”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button