ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Concentración e minuto de silencio no Barco, en memoria dos falecidos no 11M de 2004

Minuto de silencio polo 11M na praza do Concello do Barco./ Foto e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Na mañá deste 11 de marzo, cando se cumpren vinte anos dos atentados que o mesmo día de 2004 custaron a vida a 193 persoas en Madrid, celebrábase na praza do Concllo do Barco de Valdeorras unha concentración gardando un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e en solidariedade cos seus familiares e seres queridos.

O 11 de marzo que, con motivo de tan dramáticos sucesos, foi declarado Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, cobra este ano no noso país un especial significado ao tratarse do vixésimo aniversario dos feitos. De aí a comunicación remitida pola FEMP a todos os Gobernos Locais para convocar a xuntanza á que se unían O Barco e A Rúa, entre outros moitos Concellos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button