Neste domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a praza Maior de Viana do Bolo convertíase ás 12h. en escenario dunha concentración convocada pola Asemblea Feminista desta localidade. Unha gran pancarta violeta con letras brancas resumía a mensaxe central desta conmemoración: “Querémonos vivas e libres! Resposta feminista contra o sistema patriarcal”.
Durante o acto, no que tamén se poñía o foco nas mulleres do rural, procedíase a dar lectura a un manifesto.
Fotos cedidas.